miércoles, 3 de septiembre de 2008

VAI DE OSTIAZOS.

Xa que os da Randulfe colgan unha ostia dun tipo que se tira de cabeza nun río xeado,eu non vou a ser menos.
Poñamos por caso que un equipo de rugbi ou rugby de universitarios ingleses pasa uns dias de intercambio en Ourense.Cando chega o 3º tempo(que é como eles chaman a quedar despois do partido para tomarse "algo")ocorre exactamente isto.Todo é rigurosamente certo.Seguro que o vistes xa en algún movil por ahí.

lunes, 11 de agosto de 2008

OS SEUS DESEXOS, E OS DA SÚA SEÑORA, SON ORDES PARA MÍN.




Pois seguindo as indicacións do camarada Kayuela,unha desactualización acompañada dun texto de Manuel Rivas que me envía.Así, se non vos gusta, sempre lle podemos botar a culpa a él.Ó Pablo,non a Manuel Rivas.Bueno,a Manuel Rivas tamén.
VIVA O LADRILLO VISTO!!

Monólogo do feísmo

En vez de mirar para as chaveas, para as chorbas, andan a mirar para as casas. Ese que lle sacou unha foto á miña casa e a puxo no xornal como exemplo de feísmo. O riso que lle deu ao paparachi ese. Unha ducia de anos facendo a casa, tixolo a tixolo, encofrando cos dentes, fins de semana, vacacións, veña viruxe, veña sol, veña cambio climático, cago na natureza, e agora non lles gusta a miña casa. Vai ser máis lindo o dolmen da Piosa! Feo será el e a cona da máquina que fixo a foto. Había facerlle eu un bo retrato se o pillo por diante. Había saír ben guapo. Estilo Picasso. Había comelo aquí e cuspilo alí embaixo, onde o valado, que tampouco lle chista porque disque é de bloques.
E logo o bloque que ten? Habían de querer que fora de metacrilato de silveira ou poliuretano de toxo. Vén miña muller, que tamén viu a foto no periódico, todos contaminados, vén ela e dime: «Que ben quedaría un valadiño de pedra!». Un valadiño de pedra? Éntranme as ganas de chorar enriba dos bloques, meus bloquiños. Xeométricos, rematadiños, choídos, paralelepípedos. Esa pel lisa e áspera á vez. A pel de bloque. A miña pel. Que carallo terán contra os bloques? De onde saíu tanta antigüidade? Así que miro contra a muller e que saiba que a min non me desarma a moral un fodechinchos con cámara.
—A muralla de Lugo? Querías que fixera a muralla de Lugo outra vez?
—Non, Andrés, non te poñas así.
—Podería facela, co aghilacho e todo na cima.
—Acouga, Andrés.
—Pois sabes unha cousa? A min non me gusta a muralla de Lugo! Non me gusta un carallo. É grande de máis. É pequena de máis. Non sei o que ten. O mesmo que a Torre de Hércules. O único que me gusta é o foque que ten.
—Non sexas animaliño, Andrés. Vanse rir de ti.
E o fodido é que os fillos andan agora tamén avergoñados porque saíu a casa no xornal como exemplo de feísmo. «Papá, o alicatado!» O alicatado? Que carallo ten o alicatado? Está mellor alicatada a Catedral? Pois a min tampouco me gusta a catedral. A min o que me gustan son os fogos do Apóstolo. E o botafumeiro aínda ten algo de chiste. Pero a catedral, o que é a catedral, a min non me deixa coa boca aberta.
Vostedes pensan que un é un pailán. Mais eu andei polo mundo, pola emigración. Eu ben sei o que hai. E o que hai é isto: Os pobres sempre fomos feos. Va que si?

martes, 1 de julio de 2008

VOTEN A LOS CARMINHA,OSTIA,QUE EU NON PODO.



En canto a páxina do a plo ghit me deixe rexistrarme correctamente,e prometo que van como 2.000.000.0000 intentonas,votarei a canción de John Ballan.
Mentres tanto,sigo disfrutando de clásicos como calzoncillos de manga larga ou quien robó las peras del cementerio.
GRAAAAAANDEEEE JOHN BALLAN (DIO-LO TEÑA NO CEO)!!!!
E GRANDES TAMÉN OS CARMINHA.MIRA QUE SE VAN A LAPONIA...

viernes, 20 de junio de 2008

JODER COAS PRISAS!!!!



Dez anos sen poñer nada nos comentarios e agora vimos con prisas.
Pois non.Eu son así,porque quiero, porque puedo y porque me da la gana.
Eña vai...,unha de bo rollo.
Qué bo invento éste da cámara de fotos integrada no móvil.Vas pola rúa e de repente atopas estas cousas.E eu como son así,igualiño que Sánchez Dragó,me doy a la gente (Chiste para os que ven muchachada nui,para os outros res de res),pois cólgoo cando me peta.Ollo á marca de calidade: Señora gallega...Un marketing agresivo e contundente ten que resultar exitoso á forza.Eu xa chamei.
P.D.:Se non puxemos nada antes foi porque temos moitas cousas que facer: Praia,cañas...cañas na praia...juas juas juas,así que feliz lluvia!!GALLEGOS DESCONFIADOS Y HURAÑOS.YO DIGO QUE ESO ES POR ALGO.QUE OS AFECTA EL CLIMA.QUE VIVÍS EN UN PAÍS CARACTERIZADO POR LA MEZQUINDAD DE SUS GENTES...GALICIA ES UNA MIERDA.
E nós...cando volvemos?

lunes, 19 de mayo de 2008

FELIZZZZIDADES,MARTA.


Si,qué pasa? a reposteira fai tartas,non é catedrática da lingua.Ademais,entedémola todos,non? pois xa está.
A portu está de aniversario número 28 e algúns quixestes regalarlle 3 días pola cara.
19 non é igual que 16,pero ela saberá perdoarvos e agradecervos que recordarades esa data.
Pois nada mais,que compartimos un chupito con vos e agardamos celebrar o "cumple" 29 na terra,e se nos agardades,tamén celebraremos o 28.
Moitos bicos rebotados dos dous.

viernes, 9 de mayo de 2008

MATA CHIKI-CHIKIS EN LAS CÍES.

Para os que o poidan escoitar...
A mellor versión do chiki-chiki.
PUNK.