


Barcelona de reencontros con ensaimadas de nocilla de dous sabores.De torres de coliríns.De chaflán,Razzmatazz...tatachaflán!.
Barcelona de rúas e prazas e parques e cremas catalanas.
Barcelona de pombas e teorías da literatura.De teorías da vida e o Romanticismo que pasa de moda pero que non desaparece, como os pantalóns pitillo da moza que agarda ó final da clase para preguntar nonseiqué do Romanticismo.
Barcelona de camiños,portos e CANALETAS e se bebes non conduzas porque volverás.De gorilas pola rúa en pleno samaín e ti e mais eu que somos como el chile verde,llorona,picante pero sabroso.
Barcelona de conversas contemporáneas en cafés contemporáneos sobre mantel contemporáneo e mamá,cómo quedou o Monterroso?.De restaurantes etíopes,libaneses,indios y vaqueros,de escarvadentes e moas a ceo aberto.De camareiros artesáns do coiro e pasadizos subterráneos que comunican Casa Paco con Pizza Paco(Os lo juro,díxomo Tomás).
Barcelona de familia sagrada que vive preto da sagrada familia,de idas de olla catalufas e ferros que se derreten en prazas do tripi(?),onde vive esa xentiña do 4º piso que vai a festivais de cine documental que acaba tardísimo e gaña Loquillo-notejode- yo para ser feliz tambien quiero un camión da basura, ou do leite que mola mais e cheira menos.
Barcelona de chistes repetidos e os parques?...Güell,very Güell.De grupos valencianos con dulzainas e etiquetas concupiscentes, moi concupiscentes.
Barcelona rodeada de montes poñamos por caso,do Cebreiro.E por estadios olímpicos diante dun circo e que foi antes?o circo ou o estadio olímpico...
Barcelona de barrios e Badalona nunca será Barcelona por moito que se pareza cando o escribes e por moito que soe parecido(Badalona juga i mana:verd-i-negre es la afecció daques´t poble catalá que et segeix amb il-lusió).
Barcelona,Barceloneta e Barceloniña de galegos estudantes e estudantes de galego que van a conferencias de conferenciantes galegos os luns pola mañá.De universidades autónomas e das outras con salas de mestres e terrazas para botar o pitillo e ver dende alí todas as Barcelonas.



.jpg)



