lunes, 23 de marzo de 2009

ENQUISA DE SATISFACCIÓN NO RESIDENCIAL OVELLAPORTU.


VALORE A ESTANCIA NO NOSO COMPLEXO RESIDENCIAL,E SE LLE RESULTA POSITIVA,ESTAREMOS ENCANTADOS DE RECIBILOS CANTAS VECES O DESEXEN.A DIRECCIÓN COMPRÁCESE EN COMUNICARLLES QUE FOI UN AUTÉNTICO PRACER RECIBIR A TAN DISTINGUIDA EXPEDICIÓN.
ROSCAS,MAI,EL TRUJI,EL BALANZAS,REME E ALVI,QUEDAN VOSTEDES NOMEADOS VISITANTES VITALICIOS A ESTA SANTA CASA.E SE NON VEÑEN VOSTEDES,QUE VEÑAN OS SEUS FILLOS,IRMÁNS,FILLOS DE IRMÁNS,NETOS,XENROS,NORAS,PADRIÑOS...QUE AQUÍ ESTAREMOS DURANTE ALGUNHAS CAMPAÑAS MAIS.
E OS QUE AÍNDA NON VIÑERON,OU VIÑERON E AÍNDA NON REPETIRON...A QUÉ OSTIAS AGARDAN?
VEÑA QUE SE AFUNDE!!!
E AGORA,POR PETICIÓN POPULAR,ALGO QUE QUEDOU PENDENTE.
PUTA QUE O PARIU.
GRÁCIES A TOTHOM.

viernes, 13 de marzo de 2009

PASANDO VALENCIA,TODO RECTO.NON HAI PERDA.XA SAÍMOS NÓS Ó CRUCE.


Imos facendo as camas.O mapa é por se vos perdedes,pero como sodes lidos,seguro que non vos fai falta.Se alguén mais se apunta,aínda hai prazas.Non sei onde,pero hainas.
Se RIANXEIRA S.A. é capaz de meter 20 sardiñas nunha lata diminuta,por qué non han caber 8 fulanos en "ca nostra"?E sobra oco,non preocuparse.
Por certo,non putear demasiado co alemán...que aquí están por todos lados,ata no piso de arriba.
BENVINGUTS A L`ILLA DE LA CALMA.
EL DILLUNS QUE VE SERA L`ILLA DE LA RESSACA.
DE MOMENT M'ANEU ESTUDIANT ELS INGREDIENTS DE LA SOBRASSADA,DE L'ENSAÏMADA I DEL TUMBET.DE DEBERES.

miércoles, 4 de marzo de 2009

CHEGOU O MOMENTO,DIXO UN DOS PEARES.


Hola.Perdón pola tardanza.Mudanzas,viaxes e pleitos varios cun señor que di que é o presidente da comunidade(ostia!!como o da foto)e que non nos deixaba conectarnos ó mundo explican esta ausencia.Polo visto,non somos os únicos que cambiamos de piso.O fulano da imaxe tamén ten as maletas preparadas para unha(MERDA!!!)mudanza inminente.
AHÍ LO TIENES!!O que non quixo debatir pola tv,o mesmo que ten que cesar fulminantemente a un amiguete que oh!!dios!,esqueceu pagar ó fisco español uns cantos miles de euros porque disque renden mais nas illas Caimán(¿onde cona están esas illas?).Pois si,é o PRESIDENTINHO.
Pois nada,un golazo(que nos meteron) pola escadra no desconto da 2ª parte.Así que a rillalo,ou...non,non,mellor rillalo,que un feijicidio está moi mal,ademais de ser obsoleto e deixas todo perdido.Incluso pode ser divertido rirse do tipo este e da sua cuadrilla de palmeros,que eu xa me estaba cansando de defender.
É un cambio de táctica,mudamos a defensa polo ataque,eu ben me entendo.
Joder,que hai que seguir rindo!!E o fodido é que ten cara de veciño do 4º.
Ala...menos política e mais traballar.ou era samba?

viernes, 16 de enero de 2009

CONCURSO:AXÚDANOS A POÑERLLE TÍTULO A ÉSTAS FOTOS.





1.Tronco!!dame un traguito...
2.Descalciña pola area da horta? NUNCA!.
3.Sexo en el bosque(polo de "correos na árbore").
4.Última estación:Porta do ceo.Correspondencias con chousa vella e lamela pequena.

viernes, 9 de enero de 2009

GALICIAN SUPPORTER OF NACHO NOVO.


Partido Galiza-Irán.Postrimerías(sempre me gustou esa palabra)do encontro.Aledaños(tamén me gusta aledaños)de Riazor.
Esa forma de moverse!!!
Esa voz!!!
Dios!!Eu vín a este tipo algunha vez.
E ti?.

lunes, 22 de diciembre de 2008

ANTES DE QUE MORRA O ANO(E O BLOG...)¿"IRÁN" VOSTEDES A APOIAR Á IRMANDIÑA?


Nin Chile nin Angola.Parece ser que,se non hai follón de última hora será Irán o rival.Hai que ver o que custa organizar unha pachanga dos nosos,e iso que só é unha vez ó ano!!!
Alguén vai?Eu quero ir,así que se vos apuntades avisádeme para mercar as entradas.
FELICES COUSAS E PRÓSPERO ANO ÉSTE.

lunes, 24 de noviembre de 2008

A PRENSA DIARIA.



HOXE,EN VIEIROS
O árbitro chega bébedo a un partido de Segunda Autonómica
Xogaban o Sporting Estrada e o Sigüeiro, e os seus delegados tiveron que botar man dos teléfonos para procurar outro colexiado, xa que o que lles mandaran non podía asubiar.
Redacción - 13:30 24/11/2008
Bébedo e andando aos tombos, presentouse o colexiado asignado para o partido do Grupo 5 da Segunda Autonómica, que enfrontaba, no campo de Figueroa, aos locais do Sporting Estrada e aos visitantes do Sigüeiro, a primeiras horas da tarde do domingo. Os delegados, vendo o seu estado de embriaguez, tiveron mesmo que convencelo de que non asubiase, segundo conta na súa sección de Deportes o xornal Faro de Vigo.
A seguir, cando xa o tiñan medio convencido, os delegados botaron man dos teléfonos móbiles para chamar á delegación na procura doutro árbitro, que chegase canto antes. Mentres andaban ao teléfono, o colexiado, que aínda andaba bamboleándose, abandonou o campo -contan algunhas testemuñas, que guiando o seu propio automóbil-, deixando tras de si unha bolsa de deportes que aínda está gardada nas instalacións de Figueiroa.
Tamén sinalan dende Faro que "todos os implicados no acontecido coincidían en cualificar o acto como increíbel", e tanto os directivos do Sporting como os do Sigüeiro reclamáronlle á Federación Galega de Fútbol, unha mellor selección arbitral para as categorías autonómicas.

E HOXE,NO PROGRESO...

Retuvo a sus caseros y amenazó con no soltarlos si no llegaba Ana Rosa Quintana
El Progreso (Lugo).
Una mujer de Lugo encerró en su vivienda a los propietarios del piso en que vive señalando que “de aquí no sale nadie hasta que llegue Ana Rosa Quintana”.
Los hechos, de los que dio cuenta este lunes la Policía Nacional, se produjeron alrededor de las dos y media de la tarde del domingo en un piso de la Rúa Montero Ríos.
A esa hora, el matrimonio propietario de la vivienda se pasó por el piso para “resolver problemas de arrendamiento” con su inquilina, M.L.R.B. Una vez les invitó a pasar al interior, la arrendataria cerró con llave la puerta, negándole a los caseros la posibilidad de salir del piso. La hija del matrimonio alertó a la Policía, que durante más de media hora intentó convencer a la inquilina de que depusiera su actitud, “si bien la misma continuaba reivindicando la presencia de la presentadora de TV para liberar a la pareja”. Finalmente, tras varias negociaciones, se logró liberar a la pareja.
La inquilina fue atendida en el lugar pos los servicios del 061 y, ya en condición de detenida, fue trasladada posteriormente al hospital Xeral, donde fue evaluada por los médicos.
Este lunes, M.L.R.B. fue puesta a disposición judicial acusada de un presunto delito de detención ilegal.