martes, 15 de abril de 2008

O QUE FACÍA O PAN. R.I.P.



Hoxe no curro dixéronme que morrera o panadeiro.
O panadeiro de Barrio Sésamo,joer...o outro non.Aquel peliño loiro recén lavadiño rollo hidrogenesse e enfariñado á vez,aquel mandil branco...en fin,un mito da infancia menos.Xa me quedan poucos.(Eva Nasarre resiste!!!OSTIA!!!)
Ós outros xa lles tiña perdido a pista agás a Ruth.A esta aínda a vin fai pouco en DÍAS CONTADOS con algo mais de...pelo.Se vistes a peli,xa me entendedes.
Semella que Espinete quedou viúva.Disque andaba en tratos co Chema éste.Eu non digo nada,oíno e punto.
A Don Pimpón( escribirase así?)xuraría que o vín no KGB ahí un dia.Bah,sería o LK.
Axudádeme a atopalos a todos,porfa.
Birras happy hour a quen me diga onde están agora o Monstruo das galletas,a ra Gustavo..etc.
Por certo,o monstruo azul aquel era...Triki?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa ten collós ser o que monta todo este tinglado e ter que firmar como anónimo.
Manda Carallo.
Nunca debín facer un bloc,ou un glog,un clog...un destos.cona.

Anónimo dijo...

E pepita pulgarcita?
Alguén se lembra de pepita pulgarcita?
Joer,que gañas me están entrando dun bocata de Nocilla.

Anónimo dijo...

EHHHH IDEA!!!
Combate entre Lunnis,Teletubbies e Guiñoles de Barrio Sésamo.

Buah neno!!! POBRES TELETUBBIES!!
Ovella.

Anónimo dijo...

A Rá Gustavo mandáronna a Iraq de reportera empotrada no exército dos EUA...

Disque sabe algo da morte do panadeiro, últimamente non falaba máis que non sei qué dunha conspiración mundial para eliminar a todo o Barrio Sésamo por subversivos...