lunes, 22 de diciembre de 2008

ANTES DE QUE MORRA O ANO(E O BLOG...)¿"IRÁN" VOSTEDES A APOIAR Á IRMANDIÑA?


Nin Chile nin Angola.Parece ser que,se non hai follón de última hora será Irán o rival.Hai que ver o que custa organizar unha pachanga dos nosos,e iso que só é unha vez ó ano!!!
Alguén vai?Eu quero ir,así que se vos apuntades avisádeme para mercar as entradas.
FELICES COUSAS E PRÓSPERO ANO ÉSTE.

lunes, 24 de noviembre de 2008

A PRENSA DIARIA.



HOXE,EN VIEIROS
O árbitro chega bébedo a un partido de Segunda Autonómica
Xogaban o Sporting Estrada e o Sigüeiro, e os seus delegados tiveron que botar man dos teléfonos para procurar outro colexiado, xa que o que lles mandaran non podía asubiar.
Redacción - 13:30 24/11/2008
Bébedo e andando aos tombos, presentouse o colexiado asignado para o partido do Grupo 5 da Segunda Autonómica, que enfrontaba, no campo de Figueroa, aos locais do Sporting Estrada e aos visitantes do Sigüeiro, a primeiras horas da tarde do domingo. Os delegados, vendo o seu estado de embriaguez, tiveron mesmo que convencelo de que non asubiase, segundo conta na súa sección de Deportes o xornal Faro de Vigo.
A seguir, cando xa o tiñan medio convencido, os delegados botaron man dos teléfonos móbiles para chamar á delegación na procura doutro árbitro, que chegase canto antes. Mentres andaban ao teléfono, o colexiado, que aínda andaba bamboleándose, abandonou o campo -contan algunhas testemuñas, que guiando o seu propio automóbil-, deixando tras de si unha bolsa de deportes que aínda está gardada nas instalacións de Figueiroa.
Tamén sinalan dende Faro que "todos os implicados no acontecido coincidían en cualificar o acto como increíbel", e tanto os directivos do Sporting como os do Sigüeiro reclamáronlle á Federación Galega de Fútbol, unha mellor selección arbitral para as categorías autonómicas.

E HOXE,NO PROGRESO...

Retuvo a sus caseros y amenazó con no soltarlos si no llegaba Ana Rosa Quintana
El Progreso (Lugo).
Una mujer de Lugo encerró en su vivienda a los propietarios del piso en que vive señalando que “de aquí no sale nadie hasta que llegue Ana Rosa Quintana”.
Los hechos, de los que dio cuenta este lunes la Policía Nacional, se produjeron alrededor de las dos y media de la tarde del domingo en un piso de la Rúa Montero Ríos.
A esa hora, el matrimonio propietario de la vivienda se pasó por el piso para “resolver problemas de arrendamiento” con su inquilina, M.L.R.B. Una vez les invitó a pasar al interior, la arrendataria cerró con llave la puerta, negándole a los caseros la posibilidad de salir del piso. La hija del matrimonio alertó a la Policía, que durante más de media hora intentó convencer a la inquilina de que depusiera su actitud, “si bien la misma continuaba reivindicando la presencia de la presentadora de TV para liberar a la pareja”. Finalmente, tras varias negociaciones, se logró liberar a la pareja.
La inquilina fue atendida en el lugar pos los servicios del 061 y, ya en condición de detenida, fue trasladada posteriormente al hospital Xeral, donde fue evaluada por los médicos.
Este lunes, M.L.R.B. fue puesta a disposición judicial acusada de un presunto delito de detención ilegal.

martes, 4 de noviembre de 2008

OVELLAEPORTU KAYUELA BARCELONA.




Barcelona de reencontros con ensaimadas de nocilla de dous sabores.De torres de coliríns.De chaflán,Razzmatazz...tatachaflán!.
Barcelona de rúas e prazas e parques e cremas catalanas.
Barcelona de pombas e teorías da literatura.De teorías da vida e o Romanticismo que pasa de moda pero que non desaparece, como os pantalóns pitillo da moza que agarda ó final da clase para preguntar nonseiqué do Romanticismo.
Barcelona de camiños,portos e CANALETAS e se bebes non conduzas porque volverás.De gorilas pola rúa en pleno samaín e ti e mais eu que somos como el chile verde,llorona,picante pero sabroso.
Barcelona de conversas contemporáneas en cafés contemporáneos sobre mantel contemporáneo e mamá,cómo quedou o Monterroso?.De restaurantes etíopes,libaneses,indios y vaqueros,de escarvadentes e moas a ceo aberto.De camareiros artesáns do coiro e pasadizos subterráneos que comunican Casa Paco con Pizza Paco(Os lo juro,díxomo Tomás).
Barcelona de familia sagrada que vive preto da sagrada familia,de idas de olla catalufas e ferros que se derreten en prazas do tripi(?),onde vive esa xentiña do 4º piso que vai a festivais de cine documental que acaba tardísimo e gaña Loquillo-notejode- yo para ser feliz tambien quiero un camión da basura, ou do leite que mola mais e cheira menos.
Barcelona de chistes repetidos e os parques?...Güell,very Güell.De grupos valencianos con dulzainas e etiquetas concupiscentes, moi concupiscentes.
Barcelona rodeada de montes poñamos por caso,do Cebreiro.E por estadios olímpicos diante dun circo e que foi antes?o circo ou o estadio olímpico...
Barcelona de barrios e Badalona nunca será Barcelona por moito que se pareza cando o escribes e por moito que soe parecido(Badalona juga i mana:verd-i-negre es la afecció daques´t poble catalá que et segeix amb il-lusió).
Barcelona,Barceloneta e Barceloniña de galegos estudantes e estudantes de galego que van a conferencias de conferenciantes galegos os luns pola mañá.De universidades autónomas e das outras con salas de mestres e terrazas para botar o pitillo e ver dende alí todas as Barcelonas.

martes, 28 de octubre de 2008

OKTOBER FEST!!!







Remata o mes...e con él os cumpleañeros e cumpleañeras levarán no lombo un aniño mais.Supoño que todo isto non é casualiade e que o deus ou deusa da fertilidade decidiu traervos ó mundo neste mes escuro,de castañas e que empeza a ser frío.Isto explica moitas cousas...(É broma!! se todos sodes ardentes e fogosos, aínda que un pouquiño castaña si que sodes...jajaja.)
Parabéns a todos e fodédevos,ou vai ser que só corren os días para os demais!.
A algúns xa vos anda merodeando a fulana esa que me trae de cabeza e que non me deixa en paz.Unha tal TRINTENA.A outros aínda vos queda,pero xa chegaredes...xa.
Agora deixámosvos ahí coas vosas festas de cumple chachis cos seus panchitos,gusanitos,chaskis,bocatas de nocilla de dous sabores,kas limón,kas laranxa,kas cola...(e mezclalos todos é a hostia...non me digades que nunca o fixestes nun cumple.así empezou o botellón.)
Este finde iremos a Barna a mirar se o neno come, porque do que estamos seguros é que bebe.A ver que nos preparas Pabliño...nós de momento xa levamos as pinturas de guerra.Pinturas verdes e negras...ESA PENYA!!!!

martes, 21 de octubre de 2008

TOÑI VICENTE:PRESA POLÍTICA!! AURRERA,AURRERA...!!!



Uff...qué duro é voltar á rutina despois de tanta festa.
O motivo polo que tardamos tanto en actualizar o chisme é que,aínda que non o creades,algúns TRABALLAMOS.E iso,que non temos o tempo(ou o vagar) que nos gustaría para estar con isto.Por iso nos facemos de rogar.Ademais,sempre poderemos presumir de fuchicar no tema mais que os da Randulfe, que semella que non levantan cabeza dende o sanfroi.(Onde estades????)
De sobra sabemos que o chiste repetido non ten gracia,pero como é cousa un pouquiño de todos,non aguanto sen escribir aquelo de...
"LEO en voz alta:Se ós GALEGOZ lles caen enriba 3 TREBÓNS non poden saír ATAQUE ESCAMPE,ou ata que veña a por eles unha NADADORA cun traxe de baño marca NEMETOS(Había que metelo dalgún xeito..) mercado polo seu XENRO en NOVEDADES CARMINHA.(Era así...non?).
Pois nada mais polo de agora.A ver se nos enviades algunha fotiño xeitosa que de pa rir un cacho.
BICOS E BICAS O TODOS E TODAS.

lunes, 6 de octubre de 2008

PERDOEN AS MOLESTIAS.

O día 13 ou así,mais novidades.
De momento, problemas de intendencia impiden o normal funcionamento do blog.ÉSTE BLOG ES UNA MIERDA!!!

viernes, 19 de septiembre de 2008

NORABOA A TODOS!!!!


Ostiaputa!!! Da gusto ver dende a distancia cómo montades un festival caralludo só con un montón de ilusión,unhas cantas reunións, miles de chamadas a fulanos que che dan o número de outros fulanos(ou non Diana?)...e algunha que outra subvención.
Noraboa a tódolos TRAZANTES e TRAZANTAS.
Estas cousas, fai algún tempo eran impensables nun sitio coma o noso.Un SITIO DISTINTO que se merecía ter uns concertos así.
Non quero personalizar en ninguén porque seguro que sería inxusto.Pero sospeito que neste tinglao ten bastante que ver a srta. Pereiro.Tanto para ela como para os demais ramistas,mayordomos,organizantes...etc. moitos bicos e a noso mais grande ánimo para que esto non pare aquí.
Xa non é imposible ver a Siniestro Total no campo da feira.Non?
Como non podemos axudar demasiado dende este lado,ahí vai a miña proposta definitiva para este ano.Creo que aínda chego a tempo para incluílos no cartel.
A ver...No escenario 3,ou mellor dito detrás do escenario actúan LOS PORRETAS.A hora de inicio xa vai sendo cousa deles.Ademais farán varios pases,seguro.
O escenario 4 estará na Vacaloura.Alí,unha Jam session a cargo de LOS DELINQUENTES...
FESTIVAL DEL HUMOOR!!!!
COMO MOLA ÉSTE BLOG DEL HUMOOOORRRR!!!

domingo, 7 de septiembre de 2008

A MIÑA PROPOSTA PARA OS CONCERTOS DESTE ANO.





Vale,xa sei que non fomos á reunión do Bruselas e que temos pouco dereito a protestar e moito menos a organizar nada.
Pero queremos mandarvos a nosa proposta definitiva que, ademais, cremos que é insuperable.
Se hai batallas Rolling-Beatles,Panorama-París de Noia...etc,pois nós propoñemos a batalla definitiva da música galega.Dous pesos pesados na procura dun trono vacío agardando raíña que o ocupe.Dúas grandes do País.A verbena definitiva.
ARRASTRACHE-LO CÚ POLAS PALLAS VS O GALO CANDO CANTA É DÍA.
Unha batalla arbitrada por GAYOSO.
A Aretha Franklin vs a Madonna da música galega.
Con quén te quedas?
E se non podes elexir porque,coma mín, tes o corazón partío...sempre nos quedará SABELA.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

VAI DE OSTIAZOS.

Xa que os da Randulfe colgan unha ostia dun tipo que se tira de cabeza nun río xeado,eu non vou a ser menos.
Poñamos por caso que un equipo de rugbi ou rugby de universitarios ingleses pasa uns dias de intercambio en Ourense.Cando chega o 3º tempo(que é como eles chaman a quedar despois do partido para tomarse "algo")ocorre exactamente isto.Todo é rigurosamente certo.Seguro que o vistes xa en algún movil por ahí.

lunes, 11 de agosto de 2008

OS SEUS DESEXOS, E OS DA SÚA SEÑORA, SON ORDES PARA MÍN.




Pois seguindo as indicacións do camarada Kayuela,unha desactualización acompañada dun texto de Manuel Rivas que me envía.Así, se non vos gusta, sempre lle podemos botar a culpa a él.Ó Pablo,non a Manuel Rivas.Bueno,a Manuel Rivas tamén.
VIVA O LADRILLO VISTO!!

Monólogo do feísmo

En vez de mirar para as chaveas, para as chorbas, andan a mirar para as casas. Ese que lle sacou unha foto á miña casa e a puxo no xornal como exemplo de feísmo. O riso que lle deu ao paparachi ese. Unha ducia de anos facendo a casa, tixolo a tixolo, encofrando cos dentes, fins de semana, vacacións, veña viruxe, veña sol, veña cambio climático, cago na natureza, e agora non lles gusta a miña casa. Vai ser máis lindo o dolmen da Piosa! Feo será el e a cona da máquina que fixo a foto. Había facerlle eu un bo retrato se o pillo por diante. Había saír ben guapo. Estilo Picasso. Había comelo aquí e cuspilo alí embaixo, onde o valado, que tampouco lle chista porque disque é de bloques.
E logo o bloque que ten? Habían de querer que fora de metacrilato de silveira ou poliuretano de toxo. Vén miña muller, que tamén viu a foto no periódico, todos contaminados, vén ela e dime: «Que ben quedaría un valadiño de pedra!». Un valadiño de pedra? Éntranme as ganas de chorar enriba dos bloques, meus bloquiños. Xeométricos, rematadiños, choídos, paralelepípedos. Esa pel lisa e áspera á vez. A pel de bloque. A miña pel. Que carallo terán contra os bloques? De onde saíu tanta antigüidade? Así que miro contra a muller e que saiba que a min non me desarma a moral un fodechinchos con cámara.
—A muralla de Lugo? Querías que fixera a muralla de Lugo outra vez?
—Non, Andrés, non te poñas así.
—Podería facela, co aghilacho e todo na cima.
—Acouga, Andrés.
—Pois sabes unha cousa? A min non me gusta a muralla de Lugo! Non me gusta un carallo. É grande de máis. É pequena de máis. Non sei o que ten. O mesmo que a Torre de Hércules. O único que me gusta é o foque que ten.
—Non sexas animaliño, Andrés. Vanse rir de ti.
E o fodido é que os fillos andan agora tamén avergoñados porque saíu a casa no xornal como exemplo de feísmo. «Papá, o alicatado!» O alicatado? Que carallo ten o alicatado? Está mellor alicatada a Catedral? Pois a min tampouco me gusta a catedral. A min o que me gustan son os fogos do Apóstolo. E o botafumeiro aínda ten algo de chiste. Pero a catedral, o que é a catedral, a min non me deixa coa boca aberta.
Vostedes pensan que un é un pailán. Mais eu andei polo mundo, pola emigración. Eu ben sei o que hai. E o que hai é isto: Os pobres sempre fomos feos. Va que si?

martes, 1 de julio de 2008

VOTEN A LOS CARMINHA,OSTIA,QUE EU NON PODO.



En canto a páxina do a plo ghit me deixe rexistrarme correctamente,e prometo que van como 2.000.000.0000 intentonas,votarei a canción de John Ballan.
Mentres tanto,sigo disfrutando de clásicos como calzoncillos de manga larga ou quien robó las peras del cementerio.
GRAAAAAANDEEEE JOHN BALLAN (DIO-LO TEÑA NO CEO)!!!!
E GRANDES TAMÉN OS CARMINHA.MIRA QUE SE VAN A LAPONIA...

viernes, 20 de junio de 2008

JODER COAS PRISAS!!!!



Dez anos sen poñer nada nos comentarios e agora vimos con prisas.
Pois non.Eu son así,porque quiero, porque puedo y porque me da la gana.
Eña vai...,unha de bo rollo.
Qué bo invento éste da cámara de fotos integrada no móvil.Vas pola rúa e de repente atopas estas cousas.E eu como son así,igualiño que Sánchez Dragó,me doy a la gente (Chiste para os que ven muchachada nui,para os outros res de res),pois cólgoo cando me peta.Ollo á marca de calidade: Señora gallega...Un marketing agresivo e contundente ten que resultar exitoso á forza.Eu xa chamei.
P.D.:Se non puxemos nada antes foi porque temos moitas cousas que facer: Praia,cañas...cañas na praia...juas juas juas,así que feliz lluvia!!GALLEGOS DESCONFIADOS Y HURAÑOS.YO DIGO QUE ESO ES POR ALGO.QUE OS AFECTA EL CLIMA.QUE VIVÍS EN UN PAÍS CARACTERIZADO POR LA MEZQUINDAD DE SUS GENTES...GALICIA ES UNA MIERDA.
E nós...cando volvemos?

lunes, 19 de mayo de 2008

FELIZZZZIDADES,MARTA.


Si,qué pasa? a reposteira fai tartas,non é catedrática da lingua.Ademais,entedémola todos,non? pois xa está.
A portu está de aniversario número 28 e algúns quixestes regalarlle 3 días pola cara.
19 non é igual que 16,pero ela saberá perdoarvos e agradecervos que recordarades esa data.
Pois nada mais,que compartimos un chupito con vos e agardamos celebrar o "cumple" 29 na terra,e se nos agardades,tamén celebraremos o 28.
Moitos bicos rebotados dos dous.

viernes, 9 de mayo de 2008

MATA CHIKI-CHIKIS EN LAS CÍES.

Para os que o poidan escoitar...
A mellor versión do chiki-chiki.
PUNK.

lunes, 21 de abril de 2008

AS VISITAS SON COMO O PESCADO,Ó 3º DÍA,CHEIRAN.


Porque de cala en cala,ensaimada a deshoras e birra tras birra e tiro porque me toca,a vida pode ser maravillosa...Grazas por vir.
Para todos,aquí tedes tamén a vosa casa.
A sobrasada non é churrasco,pero enche.

A AMIGA DOS MÚSICOS.



Primeiro a morreo limpo cun tal Chopin e logo de "grupie" con Grande Marlaska(o grupo,non o xuíz)xusto no momento no que un pintamonas lle firma un poster para outro pintamonas.Cal é mais pintamonas dos tres?Chopin saberá.
Chopin era de Polonia.Un habitante de Polonia é un polaco.
Se a Sra X.se nacionaliza polaca,será unha Polacona...non?

EL PLATO DE LA CASA:ENSAIMADAS DE HOSTIAS.


E de postre...siesta como dous Pepes.
Balearic boys.

martes, 15 de abril de 2008

O QUE FACÍA O PAN. R.I.P.



Hoxe no curro dixéronme que morrera o panadeiro.
O panadeiro de Barrio Sésamo,joer...o outro non.Aquel peliño loiro recén lavadiño rollo hidrogenesse e enfariñado á vez,aquel mandil branco...en fin,un mito da infancia menos.Xa me quedan poucos.(Eva Nasarre resiste!!!OSTIA!!!)
Ós outros xa lles tiña perdido a pista agás a Ruth.A esta aínda a vin fai pouco en DÍAS CONTADOS con algo mais de...pelo.Se vistes a peli,xa me entendedes.
Semella que Espinete quedou viúva.Disque andaba en tratos co Chema éste.Eu non digo nada,oíno e punto.
A Don Pimpón( escribirase así?)xuraría que o vín no KGB ahí un dia.Bah,sería o LK.
Axudádeme a atopalos a todos,porfa.
Birras happy hour a quen me diga onde están agora o Monstruo das galletas,a ra Gustavo..etc.
Por certo,o monstruo azul aquel era...Triki?

miércoles, 2 de abril de 2008

NADAL DO 2002.LEMBRADES?


LA VOZ DE GALICIA.27 DE DECEMBRO DE 2002
«Se ti viras o que eu vin, na feira de Monterroso...» ¿Conocen la copla? Pues ya
pueden ir aplicándole algunos versos nuevos, porque una foto como ésta merece una revisión de la canción por muy clásica que sea. Son la Sociedad Deportiva Monterroso, un conjunto de Segunda Regional que ha decidido hacerse notar por pelotas. O en pelotas. Bueno, dejo por un momento los juegos retóricos para contarles el asunto. Animados por otras iniciativas similares, los chavales del Monterroso decidieron hacerse esta fotografía y otra muy parecida para elaborar un par de calendarios que van a vender al precio de tres euros. Es decir, seis euros si se quiere disponer del paquete completo. Y por favor, no saquen punta a mis palabras, que el terreno es resbaladizo. La recaudación servirá, en primer lugar, para financiar los calendarios que, no lo duden, van a lucir espléndidos por todos los domicilios, bares y comercios del pueblo y probablemente de media comarca de A Ulloa. De hecho, el primer pedido era de trescientos ejemplares, pero la expectación que vive el municipio lucense ha recomendado a los promotores un incremento en la tirada. A lo que iba, que la mayor parte de la recaudación irá a parar a la cofradía de pescadores de Muxía. Lo mejor del asunto es que la iniciativa ha generado una ola de donaciones en el pueblo, muy por encima del precio de los calendarios que, dicho sea de paso, saldrán a la venta el próximo martes. Hasta el momento se desconoce si alguna esposa, novia o madre ha empaquetado las pertenencias de alguno de los audaces modelos después de este atómico posado. Probablemente no porque, al fin y al cabo, sólo son unos centenares de ejemplares... ¿Sólo unos centenares? Eso era antes de que decidiéramos publicar la foto en esta página. Bonita inocentada. Lo que está claro es que al equipo no le va a faltar público a partir de ahora. Como ven, hay para todos los gustos. Buenas piernas en general, pelo en pecho, lampiños; más morenos, más paliduchos. Pueden entretenerse en la foto cuanto gusten. No hay nada pecaminoso. Es, ante todo, una foto solidaria. Gracias, monterrosinos, por seguir tirando del carro. Que aún queda mucho por hacer.

Mi boda La verdad es que esta foto de jóvenes aguerridos me da pie a volver a sumergirme en los aspectos más positivos de esta desgracia. En ese mar de solidaridad que sigue fluyendo por todas partes y que atempera nuestros sentimientos más oscuros, dedicados a ya saben quiénes. Seguro que muchos de ustedes han tenido ocasión de trabar amistad o, cuando menos, intercambiar una conversación con alguno de los voluntarios que nos visitan. Yo también. Y no saben de qué manera. Qué lejos estaba yo de pensar que el Prestige iba a traer hasta mi vida a alguien maravilloso. En fin, que no me lo puedo callar más tiempo. Que me caso. Que no me lo pienso ni un minuto más. En cuanto nos den los papeles, allá vamos. A mi voluntario no lo dejo escapar. Aquí se queda. Conmigo. Para siempre. Vino a hacer una buena obra y, por el mismo precio, hace dos. Y a ver si, de paso, me cojo unas vacaciones que con boda de por medio no creo que me las puedan negar más. En cuanto pueda ya les comunicaré donde pueden mandarme los regalos. Un beso a todos. Y no sean muy malos con las inocentadas, que ya saben que estas cosas casi siempre se sabe como empiezan, pero nunca como acaban.

sábado, 29 de marzo de 2008

PARA TODOS LOS BROTHERS!! MAGNÍFICA INTERPRETACIÓN DE FERNANDO ARIAS Y LOS PASTELES VERDES DEL PERÚ.


Sí,son eu.Qué pasa?
Todos temos un pasado.E o meu como cantante de boleros xunto co grupo "Los pasteles verdes del Perú" é brilante pero descoñecido.Aquí unha mostra.

lunes, 10 de marzo de 2008

O MEU PRIMO PORTUGUÉS.PUTA QUE O PARIU.



Se non vos rides con este fulano,mirádevos iso.

lunes, 3 de marzo de 2008

ERA UN HOME NORMAL...QUE DABA Ó PEDAL.



Había un home que tiña unhas pesetas/Xuntounas todas e mercou unha bicicleta... Aquí estamos os dous cun galeguiño de Mos que, entre outras cousas é o gañador do Tour de Francia 2006.Bueno,había outro que corría mais,pero ía mais drogado.
Dos Pereiro de toda a vida,se cadra é algo curmán da Diana.
Un bo mozo,sí señor.Aínda que non o creades, a Portu e mais o Oscar Pereiro non se coñecían de antes.Arrímanse así para darme ciumes,que eu a estos deportistas de los cojones xa os coñezo ben.
Foi un encontro breve,xeitoso e galego.Un bo tipo éste Pereiro.
Por certo,Álvaro Pino tamén andaba por ahí, pero sen vespino e con moitos petrodólares Karpinianos e Bugallianos en forma de Roulotte Galicia-calidade.Pero a éste non o vimos.É o que ten ser vedette,que só aparecen un cachiño,pillan a pasta e vanse.E eu que pensaba que o Karpin Galicia pagábamolo todos...pero,así,eu non quero unha equipa de biciclistas endiosados.
Sempre serei mais de Oscar Pereiro.Porque hai que ser coma a xente.Cona.

lunes, 25 de febrero de 2008

S.C.


Xuro que eu non fun!!!!
torturadores? un huevo de avión...
a ver se pensades que isto é Guantánamo.Así tódo-los días.
E agora veña, chistes de soplar gaitas e comer pollas.
Perdón pola calidade da foto.Se tedes moita curiosidade en afondar no asunto(joer que expresión tan pouco afortunada para escribir sobre este tema...)podedes ampliar información nas edicións dixitais de calquera diario de tirada estatal.
A cadea xa non é o que era...

martes, 19 de febrero de 2008

DESENLACE DA TRAXICOMEDIA DO RAPOSO DECAPITADO(AÍNDA QUE SEXA UN POUCO TARDE).



Agora que está en Cuba...
Agora que non pode defenderse...

Os paparazzis alí presentes envían este documento que acusa,sen marxe de erro,ó culpable de tal atentado contra o bo gusto.

A MI MAMÁ LE ARRANCARON LA CABEZA...Y A LA TUYA?

Vivan os accesorios horteras,aínda sen cabeza.

AUTOACTUALIZACIÓN.


HOLA.
SON O BLOG
E ACTUALÍZOME SÓ.

jueves, 24 de enero de 2008

O QUE VAI A SEVILLA...











Pois si.A portu e mais o Ovella, mochila ó lombo, estivemos a pasada fin de semana en Sevilla(south of Spain).
E aló qué se nos perdeu? pois non moito, a verdade,pero hai que ser lidos e viaxados que nunca se sabe a pregunta que che pode caer no Trivial Pursuit Genus Edition.Por certo, a cidade moi chula,a cerveza moi rica e as tapas...as tapas cóbranchas pero están moi ben.
Como todos coñecedes xa o Guadalquivir,a Giralda...etc ou polo menos terédelos visto en foto,agora toca un pouquiño de fotografía anecdótica sevillana, así entretémonos mentres buscamos algo xeitoso para sacar do panadeiro na festa hortera,e o desenlace da trama do raposo decapitado,que é o que nos falta.

Frase do día:
(...)
Carcelero,carcelero,
No eres persona decente,
tu oficio es el más rastrero
y tu corazón no siente...


Kojon prieto y los Huajalotes.
!!o que hai que aguantar...!!

viernes, 18 de enero de 2008

COMEZA O DÍA CON BO PE.XA ESTÁ AQUÍ O "SPEZIAL K".






Había mais,pero pouquiño a pouco, que non imos derrama-la madeira toda dun golpe.
O inimitable,inigualable,inaguantable(?) Kayuelísimo I de Monterroso nun mini book de retratos en diversa pose durante unha festa que houbo. Non sei se vos enterastes.
Yo lo flipo cuando lo veo,exclaman as mociñas xeitosas que o acosan.

A QUE QUERÍA SAÍR NO BLOG.ELA É ASÍ DE ESTUPENDA.



Pódese criticar,admirar,piropear,insultar( BUENO INSULTAR NON...),mirar,ou simplemente rir.Guapa de España,of course.
POR LOS CLAVOS DE CRISTO...

miércoles, 9 de enero de 2008

NON ERA UNHA FESTA CALQUERA,ERA UNHA FESTA HORTERA



Ahí están os guapos e guapas disfrutando de esas festas de ir feos.Faltan algúns e algunhas, pero non me digades que os que aparecen non están para o 1º premio de comparsas na DISCO-HERMO de Muimenta.
Por orde de aparición e non de importancia:o retro castigador,o bruselas-bruselas en delantal,o negro multicolor,o alemán de sri-lanka verynice,o cubalibre e detrás un home con barba e aspecto indefinido,o pirata das caraibas jack sparrow,agochados están o bañista xornalista el más guapo de la lista e mais o espíritu sport de joao dopao alvidrnic.
Elas son rosquis de cores flowerpower,a testasponiendofina xiana!!,a portu vintage,a nuria abracalabrán e a beajaponarra rollo manga.
Falta o home que fai o pan, a Diana...pero eso outro dia,xunto cun "especial cayuelita" que se está cocendo.
Ande estades? joer, non escribe nin dios!!!!!

martes, 8 de enero de 2008

CHUTE DE AUTOESTIMA NACIONAL...E CASE NON HAI PARTIDO.



Si,Dani, xa o sei.Vale que todo isto sexa pan e circo;que ,se cadra,nunca xogaremos un mundial.Tamén que nos custe xuntar a once xogadores profesionais de calidade para enfrontarnos a calquera país do mundo e que seguramente non teñamos o mellor equipo.Pero esta selección ten algo que as demais non teñen.
ESTA SELECCIÓN É SINXELAMENTE...A NOSA, e iso xa a fai diferente,nin mellor nin peor,pero sentímola e querémola ver aínda que sexa de mentira unha vez ó ano.
Como todos sabedes, a noite do 27 de Decembro case non hai pelota en Balaídos.Ninguén sabe aínda o que pasou...ninguén? o Ovella si que o sabe, e morro de gañas por contalo.
Recreación da conversa entre o capitán de Camerún e a Directora xeral para o deporte da Xunta media hora antes do comezo do partido:
CAPITÁN DE CAMERÚN- Non mandanga,non pachanga.
DIRECTORA XERAL- A ver oh!!! que temos os festeiros no campo,non me fagades ese feo.
C.C.- Hai mambo se hai mandanga, e despois...pachanga.
D.X.- Pois vaia tongo.

Neste momento a directora xeral chorou en voz alta: MAAAAAMI, EL NEGRO ESTÁ RABIOSO, NO QUIERE JUGAR PARTIDO, DESÍSELO A QUINTAAAANA!!!
O presidente da federación camerunesa de fútbol intervén e zanxa o asunto dirixíndose ós seus:
- Pasade diante de min...larpeiros!!!que viñemos á festa á casa de xentiña traballadora que tamén andivo polo mundo, e aquí...NEGROS,SÓMOSCHE TODOS!!!

GALIZA 1-CAMER 1,JUAS JUAS.
SEGUIMOS IMBATIDOS.

lunes, 7 de enero de 2008

FELIZ 1996 A TODOS!!!!


Pois iso, que feliz ano a todos e moito likor café!!!
Como aínda non teño fotos do partido da selección nacional nin da festa yogurtera(Roscas e Diana,estades tardando...),un exercicio de inventiva popular.
O Leo dixo:
O pracer de quitarmos amodo
un calcetín que levase
o día enteiro apegado á pel.


Mais outro...

Comer con fame
Mexar con gana
Rañar con vicio.


Por un chupito de licor café de Castelo...
Cousas que den pracer, como por exemplo...rañar con vicio;
1,2,3 RESPONDA OTRA VEZ
TIC TAC,TIC TAC...
Rañar con vicio...