miércoles, 12 de diciembre de 2007

CARALLUDO O ROBER BODEGAS ESTE!!

Arévalo,Marianico el corto,O Sr. Barragán,Chiquito de la Calzada,Farruco,O Xestal...etc. están fodidos porque saben que os ides retirar a todos con semellante alarde de imaxinación.
La hora del humor!!! chegou ó blog e eu aínda non me explico como.Esto é o que mola,que os post nos van levando,levando e mira para ahí, menudo festival de chistes malos,bos e mediopensionistas que fostes colgando.
QUE EL RITMO NO PARE,SIMPÁTICOS DE LOS COJONES.

De momento,para ir quentando,un video do Rober Bodegas.Por certo, non é este o fulano que veu a Monterroso pola II festa da Xuventude? Eu non estiven,pero coido que é o mesmo.
Agora ven a movida...como ostias se colga un enlace para ver un vídeo do youtube?
Que pasa? non son enxeñeiro, e non nacín aprendido...que aquí tododios sabe de todo.
Listos,que sois unos listos.

P.D.: Cari, salimos a cenar o nos tomamos unos azucarados en casa.... ?

Ahí vai...ou non.
http://www.youtube.com/watch?v=Im3Zk7bYDmg

martes, 4 de diciembre de 2007

POIS SI, OUTRO GHRANDIOSO CARTEL.


Hoxe que non hai moita ganiña de traballar, aquí vos deixo outro "incunable" que nos manda o home que fai o pan e un tal Pipas.

Falta o ano do concerto,pero os ávidos blogueiros saberán obviar este detalle sen importancia.Documento gráfico impresionante.

martes, 27 de noviembre de 2007

AÍNDA QUE A ESCRIBAN OUTROS, A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS.


Pois si, este poster é do 18 de Febreiro de 1990.Ahí queda iso.Estivemos no Castañazo en 2007, pero o Suso xa os levou por alí hai 17 anos.Incrible pero certo, o documento é proba definitiva.Todo moi punk.Desa época procede o dito "Se os reservados do KGB falaran..."

viernes, 16 de noviembre de 2007

XEOGRAFÍA FÍSICA E POLÍTICA OU O QARALLO(CON Q DE QUENDAS).


Well, well, well...
Ante a presión POPular,democrática e científica das masas blogueiras( non bloqueiras) e os últimos acontecementos arredor do nome do grupo non chamado "La hermana Camino y los que le meten el pepino", e ante a crise de identidade que estamos a padecer ante a dúbida sobre a posesión histórica e estratéxica que é ese recuncho chamado chousa das quendas,a OIU(Ovella´s International University), nunha decisión unilateral como institución, acorda impartir unha clase de xeografía virtual titulada
"A provincia mundial de Lugo".
Así, altruístamente e co único obxectivo de que sexades mellores persoas,vamos porque me sae dos huevos, que pa eso escribo.
Collan papel e lápiz, ou papel e boli.Nunca lápiz e boli, sería absurdo sen papel.
Ahí vamos.Visión panorámica da provincia antes de afondar no concepto chousa.
A saber: Partes da provincia:
Ó norte, bañado polo Cantábrico está Cabo Verde, capital Burela, que como todo o mundo sabe ocupa todo o norte da provincia.Se atopas ó león caguicas, a un espantallo,a un home de latón e unha pija que se chama Dorothy, podes decir que estas no Mundo de Foz, onde vive o famoso mago de Foz.
Máis ó sur,antigas posesións italianas chamadas Il Mondo-Mondoñedo, cerquiña de Nova Meira do Sur.
No sur-Leste está a República Federal Fonsagrada, á cal acaba de anexionarse a sempre simpática Xamaica de Muñiz.
Na terra media, a comarca da Terra Chá-chá-chá, cuna de grandes políticos, grandes fillos de puta e grandes políticos fillos de puta.Aquí non teñen problemas coas chousas, porque tamén hai obispos influíntes e xa se sabe.Capital da terra Chá-chá-chá, LiverPOL(Mosteiro).
Na zona mais céntrica da provincia,só nos interesa o territorio islámico fundamentalsta chamado Baralla -Saudita, onde está a Meca, a Meca- Gono- Carallo.
Estamos chegando á zona que nos interesa de verdade. O territorio convulso e desfavorecido polos elementos(os elementos que están nos concellos, quero dicir) chamado SERBIA E MONTERROSO. Amosamos gráfico ilustrativo na fig 1, que é a única que hai.
Ó lio: agora qué? como subdividimos esto? é o Ulla fronteira ou muro? o Ulla une ou separa?
Escritos de antes de Fraga falan claramente de que As Quendas pertencen claramente a... e xusto ahí está borroso. No mapa da ilustración tamen se pode ver como a chousa en litixio está no termo municipal de sabecristo,con total seguridade.
Pero como hai que ir chegando a conclusions, digo: As quendas son nosas e non de Fenosa,como o río, como a illa de Pirixel, como as illas Feroces e como a República popular do Congo.Punto final.
Autoavaliación:
1- Diferenzas entre chousa, leira e finca.
2-Busca unha neurona no termo municipal de Antas de Ulla.
3-Debuxa un río que pasa ó lado dunha chousa e ponlle un cartel:" Monterroso".
4-Redacción de tema proposto: A chousa das quendas como paraxe única para o folleteo nocturno e furtivo.
FIN.

viernes, 9 de noviembre de 2007

QUE SÍ,JOEERR!! QUE SOMOS DE ACB!!!


Como empeza a fin de semana, algo de deportes,que non vai ser todo fútbol.
Mais fotos da miña etapa de reporteiro mais rrrrrricharachero de barrio-sésamo.A 1ª con César Sanmartín,un catalán que iba para promesa do básket europeo e rematou...no Breogán.(Agora anda por Bilbao, creo). A outra foto é con un de Miami que lle encanta facer de negro na cabalgata de reis pola rua da raíña e que é mais de Lugo que Pelúdez, Devin Davis. A foto é de hai uns tres anos, pero o tipo aída hoxe pasea pola Aceña de Olga e mete canastras no Pazo Universitario.
Non vos son tan altos.Creo que as duas fotos foron tomadas despois de gañar o partido,que era cando lles gustaba falar e sorrían tanto.Non vexades como as gastaban os deportistas de élite(?).
A ver se este aniño se entonan e voltamos ó sitio natural que lle corresponde como histórico do baloncesto do estado. E se non,liga galega con Caixa-Ourense, Clesa-Ferrol e Obradoiro,( uff!! qué vello me estou facendo...).
Estes son os únicos que me quitan o sono as fins de semana,porque o Monterroso está que se sae na 2ª rexional e xa lle sacamos 12 puntos ó...Antas.
O C.D. Lugo de Sergio( que é un rapaz de Gonzar-Portomarín-, que cambiou as vacas polos goles e non lle vai nada mal) tamén me vai dando as súas alegrías.
E o Chantada, que agora me gusta mais despois de ver ó Rastreros, tamén anda fino, así que..malo será.
Para rematar,COROS I DANSAS.
MÚSICA: El barco de Chanquete.
LETRA: Fer Ovella.
O ano que ven...
Breo-Real Madrid
(Así cantas veces se queira) e despois...

LALALALALALALALALALALA!!!
BREO-REAL MADRID!!

martes, 6 de noviembre de 2007

O ALCALDE E A FOLCLÓRICA: PURO COSTUMBRISMO.


Pois ala!!!

O Ovella na súa versión mais exhibicionsta,regálavos esta estampa histórica. Entre bambalinas, e a minutos da inauguración oficial da casa da Roscas nun San Miguel toliño do 2006.

Supoño que cando pasen os anos, algúns teremos que dar algunha explicación. Lástima que eses jeans de Inditex escarallen a fotografía, pero é que os do traxe do meu pai eran grandes dabondo.

Celebramos con esta foto a publicación do libro HAI CU, do Leo de Matamá. Se podedes botádelle unha ollada, merece a pena. Quén o diría, con esa pose de folclórica agresiva.

Óllo á corbata atrevida pero me gusta do alcalde de Negreira ( De Negreira, Diana, non de Ortigueira... e grazas pola foto.. jeje).

Pois nada, se a alguén lle serve para acordarse daquel día e sorrír un pouco, listo.Diso se trataba.

Hai algunhas novedades editoriais por ahí, pero iso outro día,que non sei se se pode decir...ou Dani? Ostiaaaa!!!! agora non podo borralo!!!! Merda!!

Non sei se vos pasa, pero eu non podo de deixar de escarallarme de risa con este tipo, o Leo.Creo que deberían coñecerse,o Leo mais o alcalde de Negreira, o de verdade, e saír de xira xuntos: O alcalde de presentador e o Arremecághona de Showman. Memorable so de pensalo.

CASTANHAZO: OS RASTREROS, CARNE Ó CALDEIRO E BELÉN REGUEIRA.SOBRA TODO O DEMAIS.


E qué se me gusta Zenzar? e qué se meneo o pescozo con Ruxe-Ruxe?
Se hai que saír do armario sáese,e punto.
Eu non vin ós Clash en París, pero vin ós Rastreros en Chantada 9 anos despois.Apoteose.Viño da ribeira e moito,moito petróleo en Basán, seica.
Ti e mais eu estivemos alí, e poderémosllo contar ós nosos netos.Xa hai imaxes por ahí no youtube ese.E tamén na miña retina.E se volven?Tanto ten, NÓS xa os vimos alí, xogando na
casa, cos elementos a favor e a carne ó caldeiro con moito picante que é como mellor sabe
Hai que acordarse dos que non vimos, o frío era doente e había que marchar. Pero maqueta mediante resulta que hai uns fulanos de Donramiro (Lalín), que se están empeñando en facer country a toda ostia ou algo así. Por tres euros, mételos no aparato, dáslle ó 1º corte... e non sei a vós, pero a mín entranme unhas ganas tolas de beber cervexa, pola xarra se pode ser. E se pecho os ollos, imaxino a esos aloitadores a carallazo limpo contra as bestas na rapa de Sabucedo.Motor Perkins e a banda sonora da rapa das bestas,cousas miñas.
Como aínda non teño fotos do sarao, colgo ésta dos ghaiteiros borrokaris, e ocórreseme un xogo.
Sería un rollo algo así como...¿Quén carallo son estes tres?
Os tres trebóns?
Touriño, Quintana e Feijoo nun triunvirato imposible?
Mercedes Peón, Ugia de Vilaronte e Guadi Galego "posando" para Gaiteiras sen fronteiras?
Ou mais ben...Piñeiro,Gaioso e o grande dos Tonechos?
Pódese xogar, e valen Barrenazos.

jueves, 25 de octubre de 2007

Os irmáns portugueses, que sempre nos ensinan cousas.


Nalgún lugar de Coimbra,pódese ler isto.
Pareceunos curioso.
Prometo non poñer nada mais de ovellas.

domingo, 21 de octubre de 2007

CANARIADAS 1.


Breve mostrario de cultura macaronésica.

Que non se me enfaden os guanches pero...uff, mirade e sacade as vosas conclusións.

Podería ser Galiza, pero non. Moi HELABORADO TODO

OUTRA VACA... NO MILLO?



Esto foivos certo. Nuha illa do Mediterráneo a mediados de Agosto.

Non hai como saír da casa pra ver estas cousas.

Incrible.

XORNALISTA DEPORTIVO SERÁS TI!!

Ou xornaleiro,mais ben. Intrusismo? ja. A ver se pensades que cheirarlle o alento ó colega Cacharro e aguantar a súa choiva de perdigóns de tortilla española semimasticada no descanso é un plato de gusto.Todos tivemos un pasado, amigos..

miércoles, 17 de octubre de 2007

O POEMA REGALADO.

Porque o poema regalado é precisamente iso:o presente do amigo para que o gardemos para sempre.

Nós, que somos así de bos e xenerosos, queremos compartilo con todos e todas.

O D. sempre terá mais.



ESTABAMOS DE CORPO PRESENTE PERO ALMA EMBEBEDADA,

NA NUBE, NA PÓLA, NO CARALLO29,

ALÍ ESTABAMOS LOGO DE DANZAR O TREN E O CHACACHÁ

E GALICIA CADA DÍA MÁIS LINDA, CADA DÍA MELLOR E MELLOR.



AO CABO, CIRCULAMOS POR UNHA RAIA ESTREITA:QUE-PASEN-LOS-ANTIDUSTURBIOS

-Y-LA-CULPA-FUE-DEL-CHACHACHÁ:

GABINETE CALIGARI
PARECEN A LEI DA MEMORIA HISTÓRICA.



EN FIN, AMIGO, QUE NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPASE. SEGUIMOS EN CONTACTO,

TACTO.



d.


¿ U-LO OVELLA?