viernes, 19 de septiembre de 2008

NORABOA A TODOS!!!!


Ostiaputa!!! Da gusto ver dende a distancia cómo montades un festival caralludo só con un montón de ilusión,unhas cantas reunións, miles de chamadas a fulanos que che dan o número de outros fulanos(ou non Diana?)...e algunha que outra subvención.
Noraboa a tódolos TRAZANTES e TRAZANTAS.
Estas cousas, fai algún tempo eran impensables nun sitio coma o noso.Un SITIO DISTINTO que se merecía ter uns concertos así.
Non quero personalizar en ninguén porque seguro que sería inxusto.Pero sospeito que neste tinglao ten bastante que ver a srta. Pereiro.Tanto para ela como para os demais ramistas,mayordomos,organizantes...etc. moitos bicos e a noso mais grande ánimo para que esto non pare aquí.
Xa non é imposible ver a Siniestro Total no campo da feira.Non?
Como non podemos axudar demasiado dende este lado,ahí vai a miña proposta definitiva para este ano.Creo que aínda chego a tempo para incluílos no cartel.
A ver...No escenario 3,ou mellor dito detrás do escenario actúan LOS PORRETAS.A hora de inicio xa vai sendo cousa deles.Ademais farán varios pases,seguro.
O escenario 4 estará na Vacaloura.Alí,unha Jam session a cargo de LOS DELINQUENTES...
FESTIVAL DEL HUMOOR!!!!
COMO MOLA ÉSTE BLOG DEL HUMOOOORRRR!!!

domingo, 7 de septiembre de 2008

A MIÑA PROPOSTA PARA OS CONCERTOS DESTE ANO.





Vale,xa sei que non fomos á reunión do Bruselas e que temos pouco dereito a protestar e moito menos a organizar nada.
Pero queremos mandarvos a nosa proposta definitiva que, ademais, cremos que é insuperable.
Se hai batallas Rolling-Beatles,Panorama-París de Noia...etc,pois nós propoñemos a batalla definitiva da música galega.Dous pesos pesados na procura dun trono vacío agardando raíña que o ocupe.Dúas grandes do País.A verbena definitiva.
ARRASTRACHE-LO CÚ POLAS PALLAS VS O GALO CANDO CANTA É DÍA.
Unha batalla arbitrada por GAYOSO.
A Aretha Franklin vs a Madonna da música galega.
Con quén te quedas?
E se non podes elexir porque,coma mín, tes o corazón partío...sempre nos quedará SABELA.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

VAI DE OSTIAZOS.

Xa que os da Randulfe colgan unha ostia dun tipo que se tira de cabeza nun río xeado,eu non vou a ser menos.
Poñamos por caso que un equipo de rugbi ou rugby de universitarios ingleses pasa uns dias de intercambio en Ourense.Cando chega o 3º tempo(que é como eles chaman a quedar despois do partido para tomarse "algo")ocorre exactamente isto.Todo é rigurosamente certo.Seguro que o vistes xa en algún movil por ahí.