domingo, 7 de septiembre de 2008

A MIÑA PROPOSTA PARA OS CONCERTOS DESTE ANO.





Vale,xa sei que non fomos á reunión do Bruselas e que temos pouco dereito a protestar e moito menos a organizar nada.
Pero queremos mandarvos a nosa proposta definitiva que, ademais, cremos que é insuperable.
Se hai batallas Rolling-Beatles,Panorama-París de Noia...etc,pois nós propoñemos a batalla definitiva da música galega.Dous pesos pesados na procura dun trono vacío agardando raíña que o ocupe.Dúas grandes do País.A verbena definitiva.
ARRASTRACHE-LO CÚ POLAS PALLAS VS O GALO CANDO CANTA É DÍA.
Unha batalla arbitrada por GAYOSO.
A Aretha Franklin vs a Madonna da música galega.
Con quén te quedas?
E se non podes elexir porque,coma mín, tes o corazón partío...sempre nos quedará SABELA.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Convocada manifestación:
"DE TELONEIRO, SUPERPIÑEIRO"

Vimianso girl dixit

Anónimo dijo...

ollo, que o Leo pouco lle falta para se converter definitively nisa portada de Anna Kiro

Anónimo dijo...

fáltanlle as medias namais

Anónimo dijo...

moito mariconismo ilustrado por aquí...entrade, entrade que isto vai fenecer e agora resulta que non actualisamos un carallete nin un ferragancho ou furraghancho, aseghún...en fins!que digho eu que vos terei que votar (que non botar) unha bronca en persoa aí por San Michael.

bicasos e abrasos

Anónimo dijo...

Xa vai, xa vai..
e que en Vimianso non tedes outra cousa que facer que meter presas?
mmm...
Pois vai ser verdade que non actualisamos un carallete pero...é pq xa non nos pagan.
coros i dansas, digo...
bicos e abrasos.

DianaPM dijo...

alabado.
esto de non ter internete dese en Monterroso é moi jodido...levaba cen anos sen entrar aqui carallo.

Sinto dicirvos que a proposta de concertos non foi vista e tempo, de ser asi, por suposto que a teríamo en conta, e o máis seguro e que Ana Kiro actuase ás 00:15, xusto entre o Leo i Arremecághona e Os tres trebóns...eu penso que sería o máis axeitado tendo en conta o cartel...

Que lástema...