martes, 4 de noviembre de 2008

OVELLAEPORTU KAYUELA BARCELONA.




Barcelona de reencontros con ensaimadas de nocilla de dous sabores.De torres de coliríns.De chaflán,Razzmatazz...tatachaflán!.
Barcelona de rúas e prazas e parques e cremas catalanas.
Barcelona de pombas e teorías da literatura.De teorías da vida e o Romanticismo que pasa de moda pero que non desaparece, como os pantalóns pitillo da moza que agarda ó final da clase para preguntar nonseiqué do Romanticismo.
Barcelona de camiños,portos e CANALETAS e se bebes non conduzas porque volverás.De gorilas pola rúa en pleno samaín e ti e mais eu que somos como el chile verde,llorona,picante pero sabroso.
Barcelona de conversas contemporáneas en cafés contemporáneos sobre mantel contemporáneo e mamá,cómo quedou o Monterroso?.De restaurantes etíopes,libaneses,indios y vaqueros,de escarvadentes e moas a ceo aberto.De camareiros artesáns do coiro e pasadizos subterráneos que comunican Casa Paco con Pizza Paco(Os lo juro,díxomo Tomás).
Barcelona de familia sagrada que vive preto da sagrada familia,de idas de olla catalufas e ferros que se derreten en prazas do tripi(?),onde vive esa xentiña do 4º piso que vai a festivais de cine documental que acaba tardísimo e gaña Loquillo-notejode- yo para ser feliz tambien quiero un camión da basura, ou do leite que mola mais e cheira menos.
Barcelona de chistes repetidos e os parques?...Güell,very Güell.De grupos valencianos con dulzainas e etiquetas concupiscentes, moi concupiscentes.
Barcelona rodeada de montes poñamos por caso,do Cebreiro.E por estadios olímpicos diante dun circo e que foi antes?o circo ou o estadio olímpico...
Barcelona de barrios e Badalona nunca será Barcelona por moito que se pareza cando o escribes e por moito que soe parecido(Badalona juga i mana:verd-i-negre es la afecció daques´t poble catalá que et segeix amb il-lusió).
Barcelona,Barceloneta e Barceloniña de galegos estudantes e estudantes de galego que van a conferencias de conferenciantes galegos os luns pola mañá.De universidades autónomas e das outras con salas de mestres e terrazas para botar o pitillo e ver dende alí todas as Barcelonas.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Así,
que tal en Barcelona?
Mal, fatal, unha merda, diría o outro.

Unha merda de ida e volta.

(Gracias por vir, coleguis, foi ben divertida a macroxuntanza no chilote)

Anónimo dijo...

aquí a experta en "la rueda de la moda" mándavos un bico (moi romántico) con ganas de que nos volvamos ver moi pronto, en barcelona ou onde lle cadre -por exemplo, en ese famosísimo pueblo, futura "escoba de oro" 2009

Anónimo dijo...

buuaaaaaaaaaaaaa!!
os odio!

Anónimo dijo...

yyomás, pendejos!!!

Anónimo dijo...

Barcelona, ciudad catalana

Anónimo dijo...

-capital de Brasil?
-Brasilia.
-Sí,e de Francia Francilia no te jode...

Anónimo dijo...

tampouco fai falla ser bordes. Hai que aprender de pataca frita Mc Cain

DianaPM dijo...

a "fulanetti" era eu, e que me facia ilusión poñer un nome deses coma vos.

hala, eu Barcelona xa o vin moitas veces, en Lugo hai unha muralla que é patrimonio da humanidade, flipa neno...

Anónimo dijo...

máis ben 'patrimonio da humidade'...

Anónimo dijo...

Que tal ese apagón???

Teremos sobriñ@s?

Viva o baby boom!!!!!

Anónimo dijo...

O apagón foi de día.. e xa se sabe.

Anónimo dijo...

estades menos actualizados cá biblia

DianaPM dijo...

menos mal que vos mandei mil millóns de fotos para que actualizárades...

igual e que queredes máis...unha foto de "Susito rapado" quizais?