
Well, well, well...
Ante a presión POPular,democrática e científica das masas blogueiras( non bloqueiras) e os últimos acontecementos arredor do nome do grupo non chamado "La hermana Camino y los que le meten el pepino", e ante a crise de identidade que estamos a padecer ante a dúbida sobre a posesión histórica e estratéxica que é ese recuncho chamado chousa das quendas,a OIU(Ovella´s International University), nunha decisión unilateral como institución, acorda impartir unha clase de xeografía virtual titulada
"A provincia mundial de Lugo".
Así, altruístamente e co único obxectivo de que sexades mellores persoas,vamos porque me sae dos huevos, que pa eso escribo.
Collan papel e lápiz, ou papel e boli.Nunca lápiz e boli, sería absurdo sen papel.
Ahí vamos.Visión panorámica da provincia antes de afondar no concepto chousa.
A saber: Partes da provincia:
Ó norte, bañado polo Cantábrico está Cabo Verde, capital Burela, que como todo o mundo sabe ocupa todo o norte da provincia.Se atopas ó león caguicas, a un espantallo,a un home de latón e unha pija que se chama Dorothy, podes decir que estas no Mundo de Foz, onde vive o famoso mago de Foz.
Máis ó sur,antigas posesións italianas chamadas Il Mondo-Mondoñedo, cerquiña de Nova Meira do Sur.
No sur-Leste está a República Federal Fonsagrada, á cal acaba de anexionarse a sempre simpática Xamaica de Muñiz.
Na terra media, a comarca da Terra Chá-chá-chá, cuna de grandes políticos, grandes fillos de puta e grandes políticos fillos de puta.Aquí non teñen problemas coas chousas, porque tamén hai obispos influíntes e xa se sabe.Capital da terra Chá-chá-chá, LiverPOL(Mosteiro).
Na zona mais céntrica da provincia,só nos interesa o territorio islámico fundamentalsta chamado Baralla -Saudita, onde está a Meca, a Meca- Gono- Carallo.
Estamos chegando á zona que nos interesa de verdade. O territorio convulso e desfavorecido polos elementos(os elementos que están nos concellos, quero dicir) chamado SERBIA E MONTERROSO. Amosamos gráfico ilustrativo na fig 1, que é a única que hai.
Ó lio: agora qué? como subdividimos esto? é o Ulla fronteira ou muro? o Ulla une ou separa?
Escritos de antes de Fraga falan claramente de que As Quendas pertencen claramente a... e xusto ahí está borroso. No mapa da ilustración tamen se pode ver como a chousa en litixio está no termo municipal de sabecristo,con total seguridade.
Pero como hai que ir chegando a conclusions, digo: As quendas son nosas e non de Fenosa,como o río, como a illa de Pirixel, como as illas Feroces e como a República popular do Congo.Punto final.
Autoavaliación:
1- Diferenzas entre chousa, leira e finca.
2-Busca unha neurona no termo municipal de Antas de Ulla.
3-Debuxa un río que pasa ó lado dunha chousa e ponlle un cartel:" Monterroso".
4-Redacción de tema proposto: A chousa das quendas como paraxe única para o folleteo nocturno e furtivo.
FIN.