viernes, 16 de noviembre de 2007

XEOGRAFÍA FÍSICA E POLÍTICA OU O QARALLO(CON Q DE QUENDAS).


Well, well, well...
Ante a presión POPular,democrática e científica das masas blogueiras( non bloqueiras) e os últimos acontecementos arredor do nome do grupo non chamado "La hermana Camino y los que le meten el pepino", e ante a crise de identidade que estamos a padecer ante a dúbida sobre a posesión histórica e estratéxica que é ese recuncho chamado chousa das quendas,a OIU(Ovella´s International University), nunha decisión unilateral como institución, acorda impartir unha clase de xeografía virtual titulada
"A provincia mundial de Lugo".
Así, altruístamente e co único obxectivo de que sexades mellores persoas,vamos porque me sae dos huevos, que pa eso escribo.
Collan papel e lápiz, ou papel e boli.Nunca lápiz e boli, sería absurdo sen papel.
Ahí vamos.Visión panorámica da provincia antes de afondar no concepto chousa.
A saber: Partes da provincia:
Ó norte, bañado polo Cantábrico está Cabo Verde, capital Burela, que como todo o mundo sabe ocupa todo o norte da provincia.Se atopas ó león caguicas, a un espantallo,a un home de latón e unha pija que se chama Dorothy, podes decir que estas no Mundo de Foz, onde vive o famoso mago de Foz.
Máis ó sur,antigas posesións italianas chamadas Il Mondo-Mondoñedo, cerquiña de Nova Meira do Sur.
No sur-Leste está a República Federal Fonsagrada, á cal acaba de anexionarse a sempre simpática Xamaica de Muñiz.
Na terra media, a comarca da Terra Chá-chá-chá, cuna de grandes políticos, grandes fillos de puta e grandes políticos fillos de puta.Aquí non teñen problemas coas chousas, porque tamén hai obispos influíntes e xa se sabe.Capital da terra Chá-chá-chá, LiverPOL(Mosteiro).
Na zona mais céntrica da provincia,só nos interesa o territorio islámico fundamentalsta chamado Baralla -Saudita, onde está a Meca, a Meca- Gono- Carallo.
Estamos chegando á zona que nos interesa de verdade. O territorio convulso e desfavorecido polos elementos(os elementos que están nos concellos, quero dicir) chamado SERBIA E MONTERROSO. Amosamos gráfico ilustrativo na fig 1, que é a única que hai.
Ó lio: agora qué? como subdividimos esto? é o Ulla fronteira ou muro? o Ulla une ou separa?
Escritos de antes de Fraga falan claramente de que As Quendas pertencen claramente a... e xusto ahí está borroso. No mapa da ilustración tamen se pode ver como a chousa en litixio está no termo municipal de sabecristo,con total seguridade.
Pero como hai que ir chegando a conclusions, digo: As quendas son nosas e non de Fenosa,como o río, como a illa de Pirixel, como as illas Feroces e como a República popular do Congo.Punto final.
Autoavaliación:
1- Diferenzas entre chousa, leira e finca.
2-Busca unha neurona no termo municipal de Antas de Ulla.
3-Debuxa un río que pasa ó lado dunha chousa e ponlle un cartel:" Monterroso".
4-Redacción de tema proposto: A chousa das quendas como paraxe única para o folleteo nocturno e furtivo.
FIN.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

agora as masa esiximos tour guiados polos lugares mentados na interesantísima lección do mestre lord sheep: dos visados encárgase servidor.

d.

Unknown dijo...

Por fin aquí un das Rías Baixas aprendeu xeografía terremota.

Para se escarallar X-DDD

Pauline Lewis dijo...

Pártome e xuro sobre a tumba de Portela Valladares (onde ostias está a tumba de P.V??) que non se pode ser máis crack. bicos dende galletolandia meus emigrados.

Pauline Lewis dijo...

a todo esto o blog ao que remite o meu nome é o das clases de inglés: así que se queredes facer "básico 1" pola escola oficial de idiomas, xa sabedes... :D

Anónimo dijo...

Pauline lewis?
mmm...nunca debín saír de Monterroso!!
Buscar Galletolandia e a tumba de P.V.: Exercicio 5.
Leo: Grazas a ti por facerme rir todo o tempo.
Anónimo: Podes poñer outro nome se queres,é posible.A xente faino e non fai falta estudiar telecomunicacións.Da igual, eres de diario.Rompedor de todo.

Anónimo dijo...

Este tema vaionos levar a collernos polos pelos e darnos patadas frontales ( tamén laterales).
Os D´Antas non opinan???.

¡¡¡ eu quero que opinen!!!

Carlos da Mariana.....juas, juas

Anónimo dijo...

Todo é culpa do salgado, encántalle meter cizaña.

Anónimo dijo...

esmago cabezas eh!

Pauline Lewis dijo...

EXERCICIO Nº5: O P.V. morreu en Bandol (Bandol se situe entre Sanary sur mer et Saint-Cyr sur mer)... mais non sabemos se está enterrado aló. Din que cruzou a fronteira no 36 disfrazado de sufraxista inglesa. Naceu en Pontevedra e foi diputado entre o 1905 e o 1923 (as datas varían segundo as fontes) pola República Federal de Fonsagrada... (podería ser tamén RIF: República Independente de Fonsagrada). Logo casou cunha catalá con cartos que o converteu en conde de non sei que. Chegou a gobernador de Cataluña e a Presidente da República xusto antes da Fronte Popular (venceremos nós, ostia), pero o máis importante e que escribiu isto sobre a montaña de Lugo: "Mantengo viva, con vigor de sangre que acaba de brotar, la visión de mi primera visita a Fonsagrada. Montañas ceñudas, hechas a tajos, enseñando los dientes de sierra; una carretera hasta mil metros con espeluznantes, con precipicios de abismo a un lado, con gigantescas paredes de roca al otro, y por el fondo, despeñándose, arroyos sin más valle apenas que su cauce."

Anónimo dijo...

"A chousa das quendas é a Ulloa e o demais terra conquistada"

(este é o título do primeiro traballo discográfico do grupo non chamado la hermana pepino y los que desbrozan el camino)

DianaPM dijo...

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJAJAJAJJA
morrín, resucitei, vovin morrer e volvin resucitar...estou chorando ca risa en serio, os dous que teño ao lao tamén morren, jajajajaja
A PRESIDENTA DE ROCK & GRELOS (nova asociación de grupos de rock de Monterroso) E PROXECTO DE CANTANTE/GUITARRISTA DO XA FAMOSISIMO GRUPO "LA HERMANA CAMINO Y LOS QUE METEN EL PEPINO/QUENDA'S PARTY/PUNKZ/DIANA & LOS PIROLAS..." OU COMO CARALLO LLE QUEIRADES POÑER...DI O SEGUINTE:
"AS QUENDAS SON NOSAS E NUNCA SERÁN DO CARLOS DA MARIANA"

como si a roscas, acabaremos todos a ostias...laterales e frontales...

no primeiro concerto quero sangue!!

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJ, que hábil eres capuyo!
boisimo...

Anónimo dijo...

Ahí,ahí!!...esto xa se empeza a parecer ó que eu quería.
Estamos encantados de tanto xabón.
Sigan por ahí señores.
Chamádeme PIROLUDO!!!
Mañá, se cadra,
mais.

Anónimo dijo...

hai que actualizar, nugallao, non vale envorcase no éxito como se fose un fubolista deses do Madrid que cobran millóns de euros por ensinar perna, foder top-models e meter fariña, hostiaputa

d.

Anónimo dijo...

top-models?
en qué parte das quendas?

preciso información.

Anónimo dijo...

kalma!!!pekeñuelosss
esta administración allea que me paga quítame moito tempo.
Estamos neso de actualizar.
Foder top models?a portu precisa que sexa aclarado este comentario.Eu xa lle dixen que iso ía polos futbolistas do Real Mandril pero non me cre.
A ver se mañá se me ocorre algo por ahí.