viernes, 9 de noviembre de 2007

QUE SÍ,JOEERR!! QUE SOMOS DE ACB!!!


Como empeza a fin de semana, algo de deportes,que non vai ser todo fútbol.
Mais fotos da miña etapa de reporteiro mais rrrrrricharachero de barrio-sésamo.A 1ª con César Sanmartín,un catalán que iba para promesa do básket europeo e rematou...no Breogán.(Agora anda por Bilbao, creo). A outra foto é con un de Miami que lle encanta facer de negro na cabalgata de reis pola rua da raíña e que é mais de Lugo que Pelúdez, Devin Davis. A foto é de hai uns tres anos, pero o tipo aída hoxe pasea pola Aceña de Olga e mete canastras no Pazo Universitario.
Non vos son tan altos.Creo que as duas fotos foron tomadas despois de gañar o partido,que era cando lles gustaba falar e sorrían tanto.Non vexades como as gastaban os deportistas de élite(?).
A ver se este aniño se entonan e voltamos ó sitio natural que lle corresponde como histórico do baloncesto do estado. E se non,liga galega con Caixa-Ourense, Clesa-Ferrol e Obradoiro,( uff!! qué vello me estou facendo...).
Estes son os únicos que me quitan o sono as fins de semana,porque o Monterroso está que se sae na 2ª rexional e xa lle sacamos 12 puntos ó...Antas.
O C.D. Lugo de Sergio( que é un rapaz de Gonzar-Portomarín-, que cambiou as vacas polos goles e non lle vai nada mal) tamén me vai dando as súas alegrías.
E o Chantada, que agora me gusta mais despois de ver ó Rastreros, tamén anda fino, así que..malo será.
Para rematar,COROS I DANSAS.
MÚSICA: El barco de Chanquete.
LETRA: Fer Ovella.
O ano que ven...
Breo-Real Madrid
(Así cantas veces se queira) e despois...

LALALALALALALALALALALA!!!
BREO-REAL MADRID!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

estamos perante un blog claramente machopirolo, patriarcal, masculinista...

a portu non sabe escribir ou que carallo?

d.

Anónimo dijo...

of course que é así.
E dentro de pouco tb eu deixarei de escribir.
Esto non deixa de ser un blog de ti e mais eu.
Machopirolo.Estou palmando pasta e expectativas.

Anónimo dijo...

pois ti e máis eu até a bancarrota final...

a xente éche moi nugallá, amais de resacosa.

d.

Anónimo dijo...

Visto nalgunha camiseta por ahí:
" A XENTE ÉCHE MOI AMIGHA DE FALAR".


Non se nota.

Anónimo dijo...

As masas esiximos un post sobre As Quendas e o problema fronteirizo entre os concellos de Monterroso e de Antas de Ulla.

hedicho.

asdo. as masas

Anónimo dijo...

EHHHHHHHH
ESTAS TI PA ESIXIR!!
JIPI.

Veña vai..