martes, 6 de noviembre de 2007

CASTANHAZO: OS RASTREROS, CARNE Ó CALDEIRO E BELÉN REGUEIRA.SOBRA TODO O DEMAIS.


E qué se me gusta Zenzar? e qué se meneo o pescozo con Ruxe-Ruxe?
Se hai que saír do armario sáese,e punto.
Eu non vin ós Clash en París, pero vin ós Rastreros en Chantada 9 anos despois.Apoteose.Viño da ribeira e moito,moito petróleo en Basán, seica.
Ti e mais eu estivemos alí, e poderémosllo contar ós nosos netos.Xa hai imaxes por ahí no youtube ese.E tamén na miña retina.E se volven?Tanto ten, NÓS xa os vimos alí, xogando na
casa, cos elementos a favor e a carne ó caldeiro con moito picante que é como mellor sabe
Hai que acordarse dos que non vimos, o frío era doente e había que marchar. Pero maqueta mediante resulta que hai uns fulanos de Donramiro (Lalín), que se están empeñando en facer country a toda ostia ou algo así. Por tres euros, mételos no aparato, dáslle ó 1º corte... e non sei a vós, pero a mín entranme unhas ganas tolas de beber cervexa, pola xarra se pode ser. E se pecho os ollos, imaxino a esos aloitadores a carallazo limpo contra as bestas na rapa de Sabucedo.Motor Perkins e a banda sonora da rapa das bestas,cousas miñas.
Como aínda non teño fotos do sarao, colgo ésta dos ghaiteiros borrokaris, e ocórreseme un xogo.
Sería un rollo algo así como...¿Quén carallo son estes tres?
Os tres trebóns?
Touriño, Quintana e Feijoo nun triunvirato imposible?
Mercedes Peón, Ugia de Vilaronte e Guadi Galego "posando" para Gaiteiras sen fronteiras?
Ou mais ben...Piñeiro,Gaioso e o grande dos Tonechos?
Pódese xogar, e valen Barrenazos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

rajoy, primo e cuñado??

Anónimo dijo...

Para min, o intre clave do concerto de Rastreros foi cando, namais entrar no escenario, o Heléctrico colleu micro e dixo: "Antes de nada, me cago en dios y en la puta madre que parió a Mariano Rajoy!!!". Apoteósico, glorioso.

Punk's not dead!

d.

Anónimo dijo...

Motor Perkins a banda sonora da rapa das bestas está moi ben.

The Pogues a banda sonora da Irlanda irredenta e armada.

Fanny + Alexander?

d.

Anónimo dijo...

Recordame a algo esa foto... é de Roberto Ribao e informo que será a portada do cassette de Novedades Carminha o próximo nadal.
O castanhazo si foi un concerto costumbrista, a mesa redonda podería resumirse nun : No empecemos a chuparnos las pollas todavía.
Que gordo está Jonhy Rottring...

DianaPM dijo...

que ben o pasamos con Rastreiros, houbo un intre (xustamente cando cantaron o sacristán de Basan) que casi choro e todo...
oide!!, que vos teño que mandalas fotos, que estás ben simpáticas, a Marta estivo a inmortalizar momentos toda a noite a que si?
bikos, castañas e castañazos pra todos
aaamén

Anónimo dijo...

discrepo do comentario de (presumiblemente: agudo que é un) o cantante de Novedades Carminha: a mesa redonda sobre o bravú consistiu en "empecemos ya a chuparnos las pollas".

d.

Anónimo dijo...

un puntazo da noite foi o rumor de que FRAGA morrera. impresionante!!